Commons:Benvidorogd
Que é Wikimedia Commons?
Wikimedia Commons é un repositorio de material multimedia creado e mantido por voluntarios, non por profesionais. O nome "Wikimedia Commons" procede da Fundación "Wikimedia" que xestiona todos os proxectos Wikimedia e do nome "commons", o contido compártese entre diferentes linguas e diferentes tipos de proxectos Wikimedia. É un depósito centralizado para subministrar contido libre, fotografías, diagramas, animacións, música, versións sonoras, vídeo clips, e material multimedia de toda clase que sexa útil para calquera proxecto multimedia.
Wikimedia Commons usa a mesma tecnoloxía-wiki cá Wikipedia coa que calquera poder editar facilmente no navegador sen necesidade de coñecementos técnicos especiais. A diferenza dos proxectos locais, os materiais cargados en Wikimedia Commons poden inserirse nas páxinas de calquera dos proxectos Wikimedia sen necesidade de carregalas en cada wiki individualmente.
Nado o 7 de setembro de 2004, Wikimedia Commons chegou aos 100.000 ficheiros o 24 de maio de 2005, na actualidade contén 106.973.774 ficheiros e $2 galerías (os números están na notación anglo-saxona). Pode atoparse máis información sobre o propio proxecto Wikimedia Commons na Advertencia xeral, na páxina da Wikipedia sobre Wikimedia Commons e nesta páxina de Meta-wiki.
A diferenza dos depósitos de material multimedia tradicionais, Wikimedia Commons é libre. Calquera pode copiar, usar ou modificar calquera ficheiro dispoñible aquí libremente mentres acredite a fonte de orixe e aos autores, sempre que as copias ou melloras que se fagan se poñan a disposición doutros nas mesmas condicións. A base de datos de Wikimedia Commons e os textos están licenciados baixo a Licenza de Documentación Libre GNU. As condicións da licenza de cada un dos ficheiros poden consultarse nas páxinas de descrición deses ficheiros. Máis información sobre as condicións de uso...
Participa
Pode axudar a mellorar Wikimedia Commons con aquilo que faga mellor:
Contribúa coas súas imaxes
Se é un bo fotógrafo non dubide en contribuír coas súas imaxes que serán moi valiosas para o proxecto, se é un bo deseñador revise que diagramas e animacións faltan e son solicitadas, se é un bo músico ou artista do cine/teatro non dubide en publicar as súas propias gravacións de obras libres aquí.
Contribúa coas súas habilidades
Non é preciso que cargue os seus ficheiros. Hai unha chea de tarefas moi importantes que pode facer:
- Traduza textos de axuda nunha lingua distinta do inglés.
- Mellore imaxes.
- Identifique temas descoñecidos.
- Contribúa co seu coñecemento legal en cuestións relacionadas co copyright e en Propostas de borrado.
Contribúa co seu tempo
Incluso non é preciso que teña habilidades como fotógrafo/deseñador/artista nin sequera ser bo escribindo textos de axuda. Pode axudarnos a organizar o contido, algo que tamén resulta moi valioso!
- Sempre que vexa un ficheiro no que falte a fonte de orixe ou coa licenza incompleta, marquéa con
{{subst:nsd}}
. - Clasifique as páxinas sen categoría nunha categoría.
- Move files into relevant subcategories
- Cargando imaxes das fontes de ficheiros multimedia libres que reúnan as características para incluírse neste proxecto.
- Propoñer ou votar as Imaxes destacadas (require estar rexistrado).
- Find and revert vandalism
Tour
Rexistrarse
Para poder cargar ficheiros en Wikimedia Commons necesita estar dentro do sistema, é dicir rexistrado. Pode rexistrarse no enlace "Entrar / crear unha conta (Log in / create account)" da parte superior dereita da páxina cun nome de usuario para todas as cargas/edicións de imaxes e textos. En todo caso para editar páxinas non é preciso estar rexistrado (aínda que aconsellamos que o faga).
Titorial de primeiros pasos
Nas páxinas primeiros pasos e FAQ hai moita axuda para consultar despois de rexistrase. Aí se explica como personalizar a interface (por exemplo a lingua), como cargar ficheiros e o titorial sobre as licenzas. Non necesita ter coñecementos técnicos para contribuír aquí. Atrévase a contribuír e asuma que as intencións dos outros colaboradores están guiadas pola boa fe. Este é un wiki - é realmente fácil colaborar.
Hai máis información dispoñible no Portal da comunidade. Pode facer preguntas na Taberna ou en Village Pump (en inglés), tamén no canal de IRC #wikimedia-commons webchat.
Os ficheiros en Wikimedia Commons están organizados en categorías e galerías. Unha visión de conxunto pode obterse na Portada.
Put Babel boxes on your user page so others know what languages you can speak and indicate your graphic abilities. All your uploads are stored in your personal gallery. Please sign your name on Talk pages by typing ~~~~. If you're copying files from another project, be sure to use the FileImporter.
Servicios adicionais e programas
Se aínda pensa que é complicado colaborar ou se quere carregar gran cantidade de ficheiros propios, pode usar o servizo de carga de ficheiros para solicitar que outros usuarios suban os ficheiros no seu lugar. Se quere carregar gran cantidade de ficheiros por si mesmo o programa Commonist pode serlle de axuda. Se necesita información específica sobre as ferramentas para ver ou editar o contido de Wikimedia Commons por favor vexa a páxina sobre os programas.
Esperamos que disfrute e se divirta colaborando en Wikimedia Commons.